Australian Bureau of Statistics

ABS House, as oficinas centrais da Australian Bureau of Statistics.

A Australian Bureau of Statistics (ABS) é a oficina australiana de estatística. Nun principio foi denominada Commonwealth Bureau of Census and Statistics (Oficina de Censo e Estatística da Mancomunidade), e comezou a súa actividade o 8 de decembro de 1905. A Constitución australiana deu ó goberno o poder de recoller a información do censo e estatística.

O traballo do ABS é axudar ó goberno australiano a tomar as decisións correctas baseadas na información correcta. O ABS ten un censo cada 5 anos e recolle información sobre toda a poboación de Australia. O último censo realizouse o 8 de agosto de 2006. Os resultados dos censos están dispoñibles no sitio web de ABS.[1]

  1. Australian Bureau of Statistics

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search